Un ano máis as Escolas Deportivas Municipais póñense en marcha da man de distintos clubs da cidade de Pontevedra en colaboración co Instituto Municipal de Deportes e a Concellaría de Deportes cun investimento de 100.000 euros. O obxectivo destas escolas é promocionar o deporte entre a poboación en idade escolar para crear ou consolidar novos hábitos que contribúan á mellora da calidade de vida dos nenos, e inicialos na práctica polideportiva encamiñada a unha posterior especialización.
Chegadas estas datas e coincidindo co inicio do curso escolar, o Instituto Municipal de Deportes pon a disposición das entidades deportivas do concello recursos económicos e infraestruturas necesarias para iniciar aos nenos entre 4 e 14 anos en distintas modalidades deportivas como parte da súa educación integral.
Dende o luns, 13 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais. E a súa actividade comezará o luns, 4 de outubro.
Os rapaces interesados poderán escoller entre unha ampla oferta deportiva. Son 16 as disciplinas deportivas: Atletismo, Educación Física de Base, Baloncesto, Balonmán, Fútbol, Fútbol Sala, Judo, Ximnasia Artística e Trampolín, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis, Tenis de Mesa, Loita olímpica, Voleibol, Xadrez, Triatlón e Rugby. Este ano ofrécese Tríatlon como novidade.
A organización das Escolas corre a cargo das seguintes asociacións deportivas do noso Concello, especialistas cada unha delas na modalidade deportiva que desenvolven:
Baloncesto: Estudiantes, Baloncesto Base Pontevedra, Arxil
Atletismo e educación física de base: Sociedade Gimnástica Fútbol masculino: A. Juvenil de Lérez, Fundación Pontetec, Portero 2000, Salgueiriños, S.C.D. Salcedo, S.D. Monte Porreiro
Ximnasia artística: Treboada, Ximnasia Pontevedra
Ximnasia rítmica: Treboada, Ximnasia Pontevedra, Rías Baixas
Judo: Judo Club Pontevedra
Tenis: Club de Tenis de Pontevedra
Tenis de Mesa: C. Tenis de Mesa Monte Porreiro
Balonmán: Teucro. Cisne
Fútbol sala mascul./fem.: Leis 26, C .CC. Act. Física e Deporte, CDAR Xeve
Rugbi: C. Mareantes Rugby Club, Pontevedra C. Rugbi.
Loita: Loita Pontevedra
Voleibol: C. Voleibol Pontevedra
Triatlón: Fed. Galega de Triatlón
Xadrez: Escola Xadrez Pontevedra
A información de horarios, idades, etc atópase no seguinte enlace (Información EDM).
As follas de inscripcións recolleránse no Pavillón Municipal.
Ofértanse 2.000 prazas en todas as modalidades e o prezo de inscrición é de 35 euros/anuais por neno en cada unha das escolas que participe. As oficinas do Instituto Municipal de Deportes, situadas no Pavillón Municipal, ofrecen máis información (09.00-13.00 horas ou de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres) ou tamén se pode obter chamando aos teléfonos 986 87 20 12/ 13.